A actual Xunta Directiva da Asociación Cultural está formada polas seguintes persoas:
Presidente: Ángel Bargiela Bargiela
Vicepresidente: Pablo Carballido Carballido
Secretario: Victoria Carballido Carballio
Tesoureira: Estrella Represas Cima
Vogais: Manuel Giráldez Represas.
A Asociación Cultural ven funcionando de forma continuada dende 1995. Nestes case 20 anos, sempre coa colaboración económica da CMVMC de Couso, recuperouse o patrimonio etnográfico, así como o ciclo anual de festas, incorporando algunhas celebracións desaparecidas, como a mallada, recuperouse o grupo de muíños de Couso, incluíndoos despois no Sendeiro polos Montes de San Cibrán (PRG-132) e excavouse no entorno da capela de San Martiño. Agora se está a traballar na potenciación da festa do pote e na elaboración dun forno de carbón para a produción de carbón vexetal.