Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Virxe da Saúde
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto

Festas

CICLO ANUAL DE FESTAS 2014

O longo deste ano 2014 dende a Asociación Cultural San Martiño de Couso vanse levar a cabo varias celebracións, conmemoracións, festas,.. así a continuación imos facer un resumo das máis destacadas.

SEMENTEIRA DO CENTEO: No mes de xaneiro para comezar ben o ano facemos a sementeira do centeo, utilizando así varios apeiros de labranza e contando coa colaboración das persoas máis veteranas neste tema no barrio.

ENTROIDO: No sábado de entroido (1 de marzo) imos celebrar o entroido no centro cultural, para iso só fai falla por un disfraz e ter ganas de ir a papar (postres de entroido) e a disfrutar dunha horas de ledicia.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: No día da Muller Traballadora (8 de marzo) imos facer unha pequena conmemoración a todas as mulleres do barrio disfrutando dunha chocolatada.

FESTA DO POTE: Un ano máis por San Xosé (concretamente o 22 de marzo) imos celebrar como todos os anos a festa do pote, pero esta vez dunha forma diferente porque van participar na festa outras asociacións culturais do Concello de Ponteareas: Paredes, Padróns, Areas, San Mateo, Angoares, Guláns e Couso. Nesta celebración cada Asociación fará a súa augardente e amosará os seus potes, ademáis o mediodía comeremos un gran cocido.

Destacar ademais que neste día tense previsto encender o lume a un forno de carbón que estará preparado para a ocasión. A intención é facer unha réplica daqueles fornos de carbón que facían os nosos antepasados, que eran carboeiros e que gañaban a vida deste xeito.

APERTURA DOS MUÍÑOS: O primeiro fín de semana de abril procederáse a apertura dos muiños, para todo aquel que esté interesado en visitalos, así mesmo contaremos coa apertura do chiringuito para tomarlle unhas  taciñas de viño ou unhas merindas.

SAN CIBRÁN: Na conmemoración de San Cibrán tanto en maio como en setembro  xuntaremonos todos neste monte para comer e pasar unha tarde de festa.

SEGA DO CENTEO: No mes de xullo levaremos a cabo a sega do centeo, para  iso utilizaremos os apeiros de labranza e logo de segalo faremos os amonecos.

SAN XOÁN: Chegado xuño, chega San Xoán e nos imos a facer a nosa fogueira para poder saltar e disfrutar e sardiñas imos asar para poder papar.

FESTA DOS MAIORES: Alá polo mes de outubro imos facer a festa os nosos maiores, para iso o grupo de baile e pandereiteiras San Martiño de Couso vannos agasallar cunha actuación.

O MAGOSTO: Chegado o mes dos Santos chega tempo de comer as castañas, pois nos imos facer un gran magosto con castañas asadas e viño gratis e bailaremos unha gran muiñada.

SAN MARTIÑO (11 de novembro): por este tempo imos facer unha gran festa, xa que iremos o torreiro de San Martiño con grandes actuacións, contaremos con grandes orquestas e tomaremos castañas asadas con viño gratis.

FESTIVAL NADAL: Cando xa entramos no último mes do ano imos celebrar o noso habitual Festival de Nadal, así o grupo de teatro San Martiño de Couso presentarán unha das súas obras, asi como teremos o conto (elaborado por Mary Carballido), actuación dos máis cativos, o noticieiro e algunha que outra sorpresa.

NACEMENTO VIVENTE: No tempo de Nadal vaise levar a cabo en todo o barrio un nacemento vivente, para iso van participar todos os veciños, xa que en cada casa faráse a representación dun oficio: matar o porco, facer chourizos, coser,…Páxina web en construción...

 

 

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es