Inicio
Blog de Novas
Asociación Cultural
Asociación Veciñal
Comunidade de Augas
Comunidade de Montes
Belén vivente
Muíños de Couso
Sendeiro PRG-132
Capela de S. Martiño
Festas
Tenda
Foro
Enlaces interesantes
Contacto

 Ermida de San Martiño

 

A capela de San Martiño aparece mencionada nas escrituras do Conde de Salvaterra como indicador dun dos límites do Monte Veciñal en Man Común de Couso co Monte de Guláns, do ano 1673. Aparece tamén en documentos eclesiásticos sobre visitas pastorais de 1754 e 1780. A lenda dí que o capitel tardorromano que se atopa exposto diante da Casa Cultural de Couso procede dalí. A nosa asociación cultural leva tamén o nome do santo ao que se adicaba a capela, que é tamén o patrón do pobo, celebrándose a festa nos últimos anos no torreiro situado preto do lugar onde están os restos da capela.

A finais de 2010 iniciamos os trámites para reconstruir a capela, contactando inicialmente co Concello de Ponteareas para coñecer as posibilidades legais de rehabilitar esa edificación, así como co Bispado para coñecer as restricións para actuar nunhas ruínas de carácter relixioso.

Como consecuencia destas xestións en marzo de 2012 realizaronse unhas catas arqueolóxicas, que se prolongaron cunha excavación arqueolóxica do lugar. Tedes neste enlace un artigo sobre o resultado das mesmas, publicado no revista Pregón do 2013, que se publica con motivo das Festas do Corpus, en Ponteareas. O artigo é de María Soledad Prieto Robles e de Juan Carlos Castro Carrera, da empresa Anta de Moura, que realizou as excavacións.

Neste outro enlace tedes un artigo de Francisco González Groba, veciño noso da parroquia de Guláns, que escribiu no Faro de Vigo, en setembro de 2011, antes de realizar as excavacións.

Asociación Cultural San Martiño de Couso  | info@cousodegulans.es