Capitel tardorromano de Couso
Presentación
A Asociación Cultural San Martiño de Couso fixo os trámites para a súa legalización no ano 2005, e desde aquela funciona de xeito ininterrumpido, centrando a súa actividade no lugar de Couso, Parroquia de Guláns, Concello de Ponteareas.
No ano 2004 comezou a publicación do boletín O Casino, que era como se chamaba o lugar onde se reunía a xente do pobo cando non había televisión. Este boletín vense publicando trimestralmente, tamén de xeito ininterrumpido ata hoxe, que estamos a piques de publicar o número 20.
A finais do 2006 presentamos un proxecto de restauración dos nosos muíños, que foi subvencionado con fondos LEADER+ (75%) e pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (25%). O proxecto rematou en outubro deste ano 2008.
Directiva
A Xunta Directiva actual está formada polas seguintes persoas:
Presidente: José Luis Gómez Reboiro
Vicepresidente: José Giráldez Represas
Secretaria: Montserrat Groba Represas
Tesoureira: Catalina Carballido Carballido
Vocais: Olga Bargiela Bargiela e Juan Carlos Carballido Carballido.
Estatutos
Os estatutos actuais foron modificados en maio de 2004, para adaptalos á Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación.
Podédelos atopar neste enlace:
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL
Boletín "O Casino"
Publícase ininterrumpidamente desde hai 20 trimestres. Aquí tedes o penúltimo:










